venres, 31 de maio de 2013

El mundo de ayer. Memorias de un europeo. Stefan Zweig

Stefan Zweig 
A fins de século XIX, a burguesía europea, confiada nun progreso material e indefinido, non podía sospeitar que, tan só unhas décadas máis tarde, o próspero e culto mundo que habitaban sería escenario do horror e da barbarie de dúas guerras mundiais.

A lectura destas memorias é unha amenísima e emocionate lección de historia e de ética. E, en moitas pasaxes, un espello onde recoñecermos, tamén, as inquedantes devastacións e expolios que ameazan con desintregar este noso "mundo de hoxe".

Stefan Zweig /1881-1942), testemuña e vítima desa época, escribe estas memorias na última etapa da súa vida, exiliado e desposuído, consciente de terse encontrado "como austríaco, xudeu, humanista e pacifista, xustamente alí onde sismos causaron danos máis desvastadores".
Recomendado por Esther Lorenzo. Prof. de LC e LIT.

Ningún comentario:

Publicar un comentario